Estrea cómoda para os Estados Unidos e empate do Canadá diante de Bosnia e Hercegovina
A selección estadounidense abriu o seu mundial con goleada diante do Paraguai (4-1)
O Canadá, a outra anfitrioa, non puido con Bosnia e Hercegovina en Toronto (1-1)
Foto: EFE
A xornada no Mundial 2026 deixou as estreas das outras dúas seleccións anfitrioas xunto con México, que fora a encargada de abrir o torneo.
Os Estados Unidos estrearónse no seu mundial cunha contundente vitoria diante do Paraguai.
Os de Pochettino xogaron unha primeira metade espectacular. Bobadilla, en propia porta, abriu o marcador no minuto 7. Balogun puxo o 2-0 no 31 tras unha boa xogada de Pulisic. No engadido, repetiu Balogun tras superar a dous defensas e colocar o balón na escuadra. Mauricio, a pase de Enciso, acadou o gol da honra dos paraguaios e Reyna pechou a goleada cando o partido estaba a piques de rematar.
A outra anfitrioa, o Canadá empatou con Bosnia en Toronto. Lukic, á saída dun córner, adiantou o conxunto balcánico. Era o minuto 21. Empataron os locais no 78, gol de Larin de volea tras un gran control co muslo.