Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mala xornada na Liga Feminina, con derrotas galegas en partidos moi axustados

Mala xornada na Liga Feminina, con derrotas galegas en partidos moi axustados

O Baxi Ferrol cede na última xogada diante do Zaragoza, líder da Liga (67-69)

O Durán Maquinaria Ensino perdeu na prórroga contra o Xirona (90-95)

G24.gal 11/04/2026 20:48 Última actualización 12/04/2026 14:23

Non tiveron fortuna os equipos galegos na xornada da Liga Feminina de baloncesto. Os nosos dous representantes perderon logo de encontros moi axustados, e con opcións de gañaren ata o final.

O Baxi Ferrol perdeu na Malata ante o líder, o Zaragoza. A menos de tres minutos para o final, Moira Joiner colocou o Baxi un arriba, 65-64. As mañas engancharon un parcial de 2-6 pero o Baxi erro a canastra que podería dar o empate. Derrota 67-69. Blanca Millán, con 15 puntos, foi a máxima anotadora das galegas.

Foto: @unigirona Foto: @unigirona

Pola súa banda, o Ensino non puido co Xirona no Pazo, nun partido que foi ata o tempo extra. E é que os corenta minutos remataron cun empate a 80, que resolveron as catalás ao seu favor.

Tardou en entrar o Ensino no encontro. No primeiro cuarto so foi quen de meter 14 puntos, e 17 no segundo. Así que ao descanso as luguesas caían por 11 puntos, 31 a 42. Foi no último período, cando lle deron a volta ao resultado cun bo parcial, aínda que unha canastra de Jocyte (máxima anotadora do encontro con 26 puntos), forzaba a prórroga.

No tempo extra, o Xirona estivo máis atinado e, cun parcial de 10-15, levou o triunfo por 90 a 95. Alicia Florez foi a máxima anotadora das luguesas, achegou 20 puntos, mentres que Haidara acadou 32 de valoración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade