Operado con éxito Pablo Durán, que estará uns tres meses de baixa
A intervención foi para tratar a inestabilidade no ombreiro esquerdo que lle ocasionara molestias durante a tempada
Foto Celta
O dianteiro do Celta Pablo Durán estará de baixa “arredor dos tres meses” despois de ser sometido esta mañá a unha intervención cirúrxica para tratar a inestabilidade no ombreiro esquerdo que lle ocasionara molestias durante a tempada.
Segundo informou o Celta, a operación foi levada a cabo polo doutor Domingo Carpintero, xefe de servizos do centro e especialista en cirurxía de ombro, coa colaboración do xefe dos servizos médicos do Celta e exmédico da selección española, Juan José García Cota.
O canteirán iniciará nos próximos días o proceso de rehabilitación. Nesta última tempada disputou 40 partidos (30 de Liga, 1 de Copa do Rei e 9 da liga Europa) e marcou 5 goles.