Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nsongo Bil renova co Deportivo ata o ano 2030

Nsongo Bil renova co Deportivo ata o ano 2030

O futbolista consolidouse durante esta temporada no primeiro equipo, despois de comezar no Fabril

G24.gal 13/06/2026 10:00

O Deportivo segue renovando os xogadores que foron importantes no ascenso do equipo a Primeira División. Nsongo Bil, autor dos dous goles en Valladolid, renova ata o 2030 co equipo herculino.

O futbolista comezou a temporada no Fabril, onde foi peza chave no ascenso do equipo. Marcou 12 goles en 20 partidos, antes de que Hidalgo confiase nel para o primeiro equipo. E aí tamén foi decisivo. Autor de seis goles en 17 partidos, incluíndo os dous tantos do ascenso en Zorrilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade