Publicador de contidos

Publicador de contidos

O COB cae no Paco Paz diante do Cantabria (67-72)

O COB cae no Paco Paz diante do Cantabria (67-72)

O cadro ourensán afástase dos postos que dan dereito a pelexar polo ascenso á ACB

G24.gal 12/04/2026 13:18

O Club Ourense Baloncesto segue coa súa mala serie de resultados. Terceira derrota consecutiva para os de Moncho López, esta vez fronte ao Cantabria.

Os ourensáns gañaban por 16 no segundo cuarto pero a partir de aí colapsaron en ataque. O Cantabria remontou e levou o triunfo por 5 puntos de diferenza.

Rafa Lisboa, con 18 puntos, foi o referente ofensivo dun COB que queda agora no undécimo posto da táboa da Primeira FEB, aínda con opcións matemáticas de poder disputar as series polo ascenso, pero nunha situación xa moi complicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade