Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carles Marco saca a presión de enriba antes do decisivo partido co Obradoiro

Carles Marco saca a presión de enriba antes do decisivo partido co Obradoiro

"Xogaremos diante de máis de 9.000 espectadores, esa adrenalina ten que saír por algún sitio", recoñece o técnico do Leyma Coruña

Marco entende que o factor clave será baixar as porcentaxes de tiro do Obradoiro

O partido poderá verse pola Televisión de Galicia este sábado ás 19:00 horas

G24.gal 10/04/2026 11:41

Carles Marco quixo sacar de enriba a presión de favorito que na rolda de prensa do xoves lles meteu o adestrador do Obradoiro, Diego Epifanio.

"Non hai que pensar moito nas declaracións", dixo Marco. "Presión? Pouca. Temos que intentar disfrutar. Si gañamos, xenial. Si perdemos, quedan máis partidos", asegurou o adestrador coruñés. 

O que está claro é que non vai ser un partido máis. A entrada no Coliseum ao longo da temporada estivo arredor dos 5.000 espectadores e o sábado haberá máis de 9.000. "Está claro que esa adrenalina ten que saír por algún sitio", confesa o adestrador catalán. 

O Leyma Coruña (25 vitorias e 2 derrotas) sácalle un triunfo ao Obradoiro que chega lanzado despois de acadar 11 triunfos seguidos e colocarse a un só partido do seu rival. Para Carles Marco a clave será baixar as porcentaxes de tiro do seu oponente. O Obradoiro é o líder da Primeira FEB tanto en porcentaxe de lanzamentos de dous puntos (58%) como de tres (37,8 %).

"A vitoria pasa por baixar esos números... e por gardar o rebote defensivo e que non teñan segundas opcións de tiro", comentou Marco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade