Naufraxio do Celta en Friburgo (3-0)
Os vigueses foron inferiores e remataron o partido sen rematar entre os tres paus da portería local
A superioridade física dos xermanos marcou o desenlace do choque
Fer López tivo a mellor ocasión dos celestes no treito final pero o seu remate saiu lambendo o pau
@rccelta
O Celta complicouse o seu periplo pola Europa League despois de caer en Friburgo, 3-0, no peor partido da temporada do equipo de Claudio Giráldez. Os equipo céltico viuse superado en todo momento polo cadro xermano e tentará unha remonta case imposible o próximo xoves en Balaídos.
Desde o inico o ritmo de xogo dos xermanos sorprendeu ó cadro celeste. E cedo acadarían adiantarse no marcador cando Griffo recolleu un rexeite na frontal da área e batiu a Radu cun disparo con rosca. O Celta non tiña o balón e sufrían defendéndose dos ataques locais. Que incrementarían a súa renda antes do descanso cun remate de Beste tras un pase da morte de Matanovic. Chegaba o intermedio e case o mellor era o resultado para os intereses dos célticos que se foron ao vestiario sen poder tirar á portería contraria.
No descanso moveu ficha Claudio Giráldez coa entrada de Fer López e Jones el Abdelaoui no lugar de Swedberg e Javi Rodríguez. Trocou a liña de cinco atras por unha liña de catro e semellaba que os celestes defendían mellor ao equipo da Selva Negra. Pero seguían con problemas para crear perigo en zonas ofensivas. Borja Iglesias orobouno dese fóra da área pero o seu disparo saiu por riba do pau traveseiro da portería de Atubolu. Giráldez seguía movendo a árbore e Vecino, Aspas e Pabo Durán entraban para buscar igualar o choque. Pero en vez de chegar o tanto celeste chegou un terceiro dos xermanos cun cabezazo de Ginter a sáida dun saque de esquina. Fer López puido reducir diferenzas tras unha boa asistencia de Mingueza pero o seu remate non colleu portería.