Hidalgo confirma o "paso adiante" que deu o Deportivo no treito decisivo
O técnico deportivista volve a Huesca, onde estivo as dúas últimas temporadas: "Sei como van competir eles e temos que xogar con moita intensidade e concentración"
O partido do Alcoraz verase este domingo en directo na Televisión de Galicia (16:15 horas)
Chega o momento decisivo da temporada na Segunda e esta pode ser unha xornada clave para o Deportivo, na que depende del para volver a postos de ascenso directo. Co duelo directo entre o Rácing e o Almería, unha vitoria do cadro coruñés devólveo a eses postos de privilexio. O partido verase este domingo ás 16:15 horas en directo na Televisión de Galicia.
Hidalgo confirma o "paso adiante" que deu o seu equipo no treito decisivo. "Somos un equipo máis equilibrado e hai que seguir apertando, crendo e indo ao límite", asegurou o adestrador deportivista.
Hidalgo coñece á perfección o rival que vai ter enfronte e o ambiente no que se vai mover. As dúas últimas temporadas foi adestrador do Huesca co que cumpriu os obxectivos marcados. "Sei como van competir, é moi importante a intensidade e a concentración coa que temos que xogar".
O adestrador catalán, que segue sen darlle máis de media hora a Yeremay nos partidos, confirmou que é moi difícil que as molestias de Yeremay desaparezan completamente ata o final da temporada.