Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Creo neste equipo. Non teremos nada que perder"

Claudio Giráldez: "Creo neste equipo. Non teremos nada que perder"

Pese o mal resultado encaixado na ida o adestrador céltico confía nas opcións do seu equipo no partido de volta

Recoñeceu a superioridade xermana neste primeiro partido

Considera chave o factor Balaídos para tentar a remonta

G24.gal 09/04/2026 23:41

O adestrador do Celta Claudio Giráldez compareceu en rolda de prensa tras a derrota do Celta ante o Friburgo recoñecendo a superioridade xermana no partido pero confiante en ter opcións de pasar a eliminatoria en Balaídos pese o mal resultado da ida:

"Sí, vexo posibilidades, sí,  creo que temos recursos, sí,  creo que temos moita marxe de mellora do partido de hoxe. É fundamental, hoxe por hoxe, o empuxe da túa xente, o ter maior número de recursos na convocatoria. Temos solucións para darlle a volta ao partido. Estivemos mal, pasáronnos por encima, é unha realidade. Foron mellores, tiveron moita máis intensidade que nós. Gañaron moitos duelos, moito balón dividido. Non fomos capaces de estar precisos"

"Creo que no noso campo o partido vai ser totalmente distinto. Viuse na eliminatoria anterior do Friburgo a diferenza que pode haber hoxe por hoxe da tempada en casa ou fóra. A repoñernos, a aprender de moitas cousas que fixemos mal hoxe. Pero confiando moito neste grupo de xogadores, na nosa xente, no noso equipo e en que quedan 90 minutos en Balaidos"

 

"Isto é un pau e imos tentar repoñernos para o domingo xa competir contra o Oviedo e logo preparar a volta como merece a eliminatoria, como merece a nosa xente. Hoxe non estivemos a bo nivel. Isto é fútbol, ás veces pasa"

"Os 3 goles son 3 erros demasiado graves a estas alturas da competición como para poder competir un partido. Son 3 erros os nosos graves non só a xogada do gol, se non a orixe das accións de balón parado, a primeira, a terceira"

"Teremos a nosa xente. Non temos nada que perder. Somos máis perigosos cando temos menos expectativas ou cando pensan que estamos mortos. Oxalá todos os días malos sexan nuns cuartos de final da Europa League"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar