Vitoria e nova exhibición ofensiva de Basquet Coruña ante Tizona (105-84)
Os de Carles Marco volveron a senda das vitorias tras a derrota da semana pasada en Palencia
Terceira vez na temporada que anotan 105 puntos nun partido
Guillem Jou foi o mellor sobre a pista do Coliseum con 14 puntos e 22 de valoración
@basquetcoruna
Basquet Coruña seguirá liderando unha semana máis a Primeira FEB tras derrotar a Tizona Burgos con comodidade no Coliseum nun partido onde o equipo laranxa volveu a impoñer o seu alto ritmo de xogo ante o equipo que o eliminara da competición copeira esta mesma temporada.
No primeiro cuarto custoulle entrar no partido o equipo coruñés que collería a súa primeira vantaxe no marcador a tres minutos do final dese primeiro período tras dous tiros libres de Barro. Foron os primeiros puntos dun parcial de 15-0 que xa sería decisivo para o resto do partido. As triplas de Cremo e Jou foron chave para este parcial e para deixar a diferenza en doce puntos ó remate do cuarto (27-15).
Xa co marcador a favor os laranxas fixeron o seu mellor baloncesto e foron abrindo diferenza ata chegar a dobrar ó equipo burgalés (40-20) a cinco minutos do descanso. O Tizona reaccionou e cun parcial de 3-10 colocaríase a trece puntos (43-30). Pero un tempo morto solicitado por Carles Marco faría reaccionar aos seus que chegaron ó descanso con vinte puntos de vantaxe (54-34) tras unha espectacular canasta a aro pasado de Joe Cremo.
No terceiro cuarto houbo intercambio de canastras entre ambose a diferenza manteríase en torno ao redor dos vinte puntos, 81-59 ao final do período, grazas especialmente o acerto anotador do inspirado Guillem Jou. No último cuarto o interese centrouse en saber se os locais serían capaces de superar a súa máxima cifra anotadora que remataron igualando ao anotar 105 puntos por terceira vez nesta campaña.