O Liceo accede ás semifinais da Copa do Rei tras derrotar ó Alcoi (2-1)
Os herculinos remataron sufrindo pero souberon sacar adiante a eliminatoria
O Igualada será o rival nas semifinais tras derrotar ó Voltregá
@HockeyClubLiceo
O Liceo estará nas semifinais da Copa do Rei despois de sacar adiante un duro partido ante o P.A.S. Alcoi onde os de Juan Copa remataron sufrindo nos últimos minutos ante o asedio visitante. Os coruñeses adiantáronse mediada a primeira metade grazas a un gol do capitán Dava Torres. 1-0 co que se chegaría a descanso a pesar que o cadro liceísta gozou de boas oportunidades para incrementar a renda.
No inicio da segunda parte chegaría o segundo gol por medio do canteirán Bruno Saavedra. Os coruñeses tiñan o partido controlado e pecaron de certo conservadurismo pensando en aforarr esforzos de cara o partido de semifinais. E o Alcoi non tirou a toalla. Os levantinos reduciron a diferenza cun lanzamento directo de Manel Hernández. Restaban oito minutos para o final e foron con todo a polo empate. Pero os galegos souberon aguantar o marcador incluso nos dous últimos minutos cando o cadro de Alcoi atacou coa táctica do porteiro xogador.
Nas semifinais o rival será o Igualada que obtivo o mesmo resultado ante o Voltregá, 2-1. A outra semifinal enfrontará a Calafell e Barcelona.