Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basquet Coruña esnaquiza a Estudiantes e reafirma o seu liderado (105-82)

Basquet Coruña esnaquiza a Estudiantes e reafirma o seu liderado (105-82)

Un primeiro cuarto espectacular dos de Carlos Marco encarrilou a cómoda vitoria local

Guillem Jou foi o mellor xogador do partido con 23 puntos e sete triplas convertidas

@basquetcoruna @basquetcoruna
G24.gal 20/02/2026 21:50

Basquet Coruña segue con paso firme o seu camiño pola Primeira Federación e onte acadou unha nova vitoria contundente, esta vez ante Estudiantes, e mantén o seu periplo case impoluto pola categoría de prata do baloncesto nacional. 

Os herculinos recibían a un Estudiantes que despois de facerse coa Copa de España entrou en crise de resultados e sumou a súa cuarta derrota consecutiva na liga. Xa de saída aplicou o seu rillo o equipo que dirixe Carles Marco e non deu opcións en ningún momento o equipo colexial. No primeiro cuarto chegou a dominar por vinte puntos de diferenza (25-15) cun espectacular 9 de 12 desde a liña d etres puntos que deixou sen reacción ó cadro madrileño. No segundo cuarto non trocou o guión do partido e ó descanso a diferenza era de 26 puntos a favor do cadro laranxa (59-33).

Tras a reanudación non baixou o pistón o equipo herculino e as diferencias mantivéronse sempre en torno os 30 puntos. Ningunha das defensas zonais plantexadas polo adestrador estudiantil Toni Ten eran capaces de frear o vendaval ofensivo do equipo laranxa, que remataría impoñéndose por un avultado 105-82

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade