Publicador de contidos

Publicador de contidos

Epi, ante o momento decisivo: "Isto é como o Camiño, sofres moito e tamén gozas"

Epi, ante o momento decisivo: "Isto é como o Camiño, sofres moito e tamén gozas"

O técnico do Obradoiro espera contar con Kravic, que quedou mancado no partido ante o Estudiantes

O encontro poderá seguirse en directo pola G2 e AGalega.gal

G24.gal 30/04/2026 11:55 Última actualización 30/04/2026 12:08

O Monbus Obradoiro visitará este sábado, ás 19:00 horas e en directo pola G2, o Grupo Alega Cantabria en Torrelavega, no último desprazamento da liga regular e nunha cita chave dentro do tramo decisivo polo ascenso directo.

Diego Epifanio compareceu cunha metáfora moi santiaguesa para explicar como vive o grupo este final de curso.

“Isto é como o Camiño de Santiago. Cando estás inmerso no camiño hai momentos nos que sofres do copón, hai momentos nos que entendes por que estás aquí e fas todo o posible por desfrutar da experiencia”, reflexionou o técnico.

O adestrador do Obradoiro insistiu en que a proximidade do desenlace non alterou a rutina do equipo. A falta de dúas xornadas, co conxunto compostelán dependendo de si mesmo para acabar na primeira posición, Epi asegurou que o vestiario mantén o mesmo método de traballo.

“Non cambiou nada. Foi unha semana normal”, explicou.

Un dos factores importantes do partido será a presenza dunha importante representación de afeccionados obradoiristas en Torrelavega. Epifanio agradeceu o esforzo de quen aproveitará a ponte para acompañar ao equipo nun desprazamento importante.

“Para nós é moi importante. É o último partido da liga regular fóra de casa e necesitamos o seu apoio”, afirmou. 

Epi espera contar con Kravic que quedou mancado no partido ante o Estudiantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade