Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate sen brillo do Pontevedra ante Unionistas (0-0)

Empate sen brillo do Pontevedra ante Unionistas (0-0)

Partido igualado, con escasas ocasións para os dous equipos

Garay dispuxo da opción máis clara dos granates

Unionistas reclamou un penalti a Artola nos segundos finais

O Pontevedra continúa de terceiro 

G24.gal 08/03/2026 18:44

O Pontevedra non encontrou o xeito de roer e acabou por asinar táboas ante Unionistas. Partido de poucas ocasións, espalladas e repartidas. Os dous conxuntos deixaron unha primeira parte de imprecisións e alternativas. Os dous febles atrás. Serpeta e Alain dispuxeron dos intentos máis claros neste período. 

Á volta, o choque continuou co mesmo guión e a mesma igualdade. E aquí foi Garay o que puido marcar para os granates. Unionistas reclamou un penalti nos segundos finais nunha acción de Montoro a Artola. Daquela os salmantinos estaban a xogar con dez por expulsión de Farru.   

Empate sen sabor, de pouco fútbol en Pasarón, que mantén o Pontevedra na terceira posición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar