Cargando resultados...
O Pontevedra empata no campo do cabeiro (0-0) e segue da terceira praza
O equipo granate volveu marcar un gol que non subiu ao marcador no tempo engadido diante do Osasuna Promesas
Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal
28/02/2026 20:51
O Pontevedra regresou de Tajonar cun empate sen goles fronte ao cabeiro, o Osasuna Promesas. Foi nun partido no que os de Rubén Domínguez mereceron máis. Garay tivo a máis clara para os galegos no primeiro tempo.
No segundo, Yelko Pino case marca cun lanzamento de falta directa. E como lle vén pasando ultimamente, o Pontevedra viu como se lle anualaba un gol no último minuto. Marcou, no 95, Joao Resende. Porén, o atacante portugués estaba en posición de fóra de xogo.
Co empate, o Pontevedra mantén o terceiro posto da clasificación.