O Celta solventa o trámite copeiro ante o Puerto de Vega (0-2)
Os vigueses non foron capaces de marcar ata a segunda metade
Óscar Marcos e Damián, de penalti, os goleadores celestes
Estrea co primeiro equipo do propio Óscar Marcos, Andrés Antañón, Pablo Meixús e Hugo González
 @RCCelta
                        @RCCelta
            O Celta accedeu á segunda rolda da Copa do Rei tras derrotar en Navia ó Puerto de Vega 0-2. Un partido que se lle atragoou ó conxunto vigués na primeira metade. O descanso chegouse coa igualada sen goles no marcador despois dunha primeira metade moi espesa do conxunto vigués onde soamente Miguel Román cun disparo que repeleu o traveseiro, levou algo de inquedanza á meta local. É máis. Os asturianos estiveron a piques de adiantarse na primeira metade nunha mala cesión de Aidoo a Iván Villar que case aproveita Davo.
No descanso Claudio Giráldez decidiu que debutara co primeiro equipo Óscar Marcos. E o prometedor xogador vigués respondeu anotando o gol que adiantaba ó Celta no marcador. Pouco despois Hugo Álvarez forzou un penalti que transformou Damián, deixando a eliminatoria prácticamente sentenciada. O resto do partido serviu para as estreas co primeiro equipo de Andrés Antañón e Pablo Meixús e para que os vigueses tiveron varios achegamentos á área contraria que non souberon concretar.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
        