Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Do deseño tamén se come e se bebe", xornadas sobre o deseño de produto alimentario na Coruña

"Do deseño tamén se come e se bebe", xornadas sobre o deseño de produto alimentario na Coruña

As xornadas desenvólvense na Fundación Luis Seoane da Coruña ao abeiro do primeiro premio específico de deseño da Deputación da Coruña

 Os deseñadores gráficos galegos triunfan entre as marcas alimentarias do país

Todos os presentes nas xornadas coinciden na clave do éxito dunha idea
G24.gal 13/06/2025 21:10 Última actualización 13/06/2025 21:23

O sector alimentario é o cuarto en importancia en Galicia e o deseño de produto é unha ferramenta estratéxica para transmitirlles a súa identidade aos clientes potenciais como nos explican Pepe Barro, deseñador gráfico e comisario do Premio Luís Seoane de Deseño ao abeiro do que se desenvolven as xornadas e Carlos Álvarez do Estudio Desoños.

As empresas toman cada vez máis conciencia de que o deseño non é un gasto senón un investimento que vai potenciar a súa marca.

Nos últimos anos, tamén pola calidade dos estudios de deseño que hai en Galicia, as empresas comezan ser máis conscientes e a contratar deseño dentro do noso país.

Todos os presentes nas xornadas coinciden na clave do éxito dunha idea, entre eles, Noelia Estévez do Estudio Desoños e Xabier Rilo do Estudio Cenlitros.

A identidade sempre é clave, un produto sempre ten que ter alma para crear ese vínculo coa persoa que o vai consumir.

Identificar cales son os puntos fortes, as debilidades, e facer fincapé no que o diferencia respecto aos outros.

Teimas do consumidor como a sostibilidade tamén son cruciais na entrada e logo na permanencia dun deseño na vida cotiá, a maiores do primeiro impacto visual e Ricardo Tubío, do Estudio Cenlitros indícanos algunhas.

A xestión de residuos, estudar a secuencia de uso das embalaxes, a experiencia de usuario.

Todo suma. Para calquera deles, non chega con que o produto sexa bo, cómpre saber comunicar as súas cualidades, e iso é tarefa do deseño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade