Publicador de contidos

Publicador de contidos

Contratadas por 17,5 millóns melloras de seguridade ferroviaria entre Ribadeo e Cudillero

Contratadas por 17,5 millóns melloras de seguridade ferroviaria entre Ribadeo e Cudillero

As obras abarcan 110 km entre Ribadeo e Cudillero e eliminarán o bloqueo actual

 

Terá lugar no tramo de 110 quilómetros que discorre entre Ribadeo e Cudillero Terá lugar no tramo de 110 quilómetros que discorre entre Ribadeo e Cudillero
G24.gal 30/07/2025 17:01

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible adxudicou por 17,5 millóns de euros, a través de Adif, as obras para automatizar as instalacións de seguridade tráfico ferroviario no tramo Ribadeo-Cudillero, na liña de ancho métrico Ferrol-Pravia.

O contrato comprende a redacción do proxecto construtivo, a execución das obras, as probas e a posta en servizo das instalacións de seguridade correspondentes á supresión do bloqueo telefónico ao longo deste tramo de 110 quilómetros que discorre entre Ribadeo e Cudillero (Asturias).

Entre outras actuacións, contempla “o deseño de todas as instalacións de seguridade necesarias como encravamentos, sistemas de detección e de protección do tren, sinalización, telecomunicacións, enerxía e pasos a nivel, así como as actuacións na vía e na catenaria que correspondan”.

Con esta actuación, explica o ministerio nun comunicado, a liña férrea será dotada de instalacións de seguridade e comunicacións necesarias para substituír o actual bloqueo telefónico por bloqueos automáticos regulados por telemando desde o Posto de Control de Tráfico Centralizado (CTC) do Berrón (Asturias).

“Esta actuación permitirá gañar en capacidade da liña, regularidade nas circulacións e fiabilidade nas instalacións”, precisa o ministerio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade