Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bono Peixe suma máis de 52.000 descargas nas súas primeiras 24 horas

O Bono Peixe suma máis de 52.000 descargas nas súas primeiras 24 horas

O Bono Peixe ofrece un desconto do 25% ata un máximo de 5 euros semanais nas compras de peixe e mariscos frescos

A conselleira do Mar lembrou que o número de establecementos continúa crecendo, xa que os comercios poden sumarse a esta iniciativa ao longo deste programa

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha peixaría en Pontevedra/ Xunta de Galicia/ Europa Press A conselleira do Mar, Marta Villaverde, nunha peixaría en Pontevedra/ Xunta de Galicia/ Europa Press
G24.gal 29/07/2025 17:43

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou o "grande interese" espertado polo Bono Peixe tras o seu lanzamento con máis de 52.000 bonos descargados en 24 horas e a adhesión de máis de 700 establecementos de venda de peixe fresco.

Marta Villaverde acudiu á Peixería Manolo, en Pontevedra, unha das 272 peixarías adheridas nesta provincia. A conselleira lembrou que o número de establecementos continúa crecendo, xa que os comercios poden sumarse a esta iniciativa ao longo de todo este programa.

Esta medida pioneira contará cunha vixencia de 10 semanas. Con todo, Marta Villaverde sinalou que o gasto ata o momento é "tímido" dado que o luns foi un día sen actividade para moitos establecementos debido a que non hai peixe nas lonxas polo descanso semanal da frota.

A Consellería do Mar espera que a utilización dos bonos se intensifique ao longo da xornada deste martes e sitúe a Galicia como referente internacional na promoción do consumo dos alimentos mariños revertendo a tendencia negativa existente.

Segundo recordou a conselleira, o Bono Peixe ofrece un desconto do 25% ata un máximo de 5 euros semanais nas compras de peixe e mariscos frescos.

Marta Villaverde recalcou o compromiso do Goberno galego co sector mobilizando 2,5 millóns con esta acción que se suma a outras liñas de traballo como a campaña "Galicia Sabe Amar", ou a promoción en feiras internacionais ou eventos deportivos e culturais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade