Publicador de contidos

Publicador de contidos

O futuro de Alcoa, pendente do prezo da enerxía

O futuro de Alcoa, pendente do prezo da enerxía

Xunta e traballadores reclaman do Goberno garantías para asegurar a reactivación completa da planta a mediados de 2026

G24.gal 30/10/2025 14:54

A folla de ruta de Alcoa pasa por recuperar a produción completa de aluminio primario a mediados do próximo ano. Pero condiciona os seus investimentos á disposición dun prezo da enerxía competitivo. Os traballadores reclaman avances.

"Para arranxar un problema que temos e que vimos arrastrando e que se acentuou coa presentación do ERE", explican desde o Comité de empresa. 

Os traballadores analizaron a situación da planta coa conselleira de Economía. A Xunta comprométese a solicitar unha reunión co Goberno para estudar a situación dos parques eólicos e do prezo da enerxía para a industria galega.

"Solicitamos que dunha vez por todas se aprobe un estatuto para as empresas electrointensivas. E que se garanta a seguridade xurídica para un período longo de tempo en que se estabilicen e se regulen as compensacións ao CO2",  reclama María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria. 

O Goberno galego tamén avanza que se iniciará de inmediato o novo proxecto para ampliar a capacidade da balsa de lodos, necesaria para a reactivación completa da planta de San Cibrao.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade