Publicador de contidos

Publicador de contidos

Villaverde: "Galicia perderá a capacidade de xestión dos fondos e seremos meros executores"

Villaverde: "Galicia perderá a capacidade de xestión dos fondos e seremos meros executores"

A conselleira do Mar asegura que co novo marco financeiro proposto pola CE a nosa comunidade recibirá 120 millóns de euros, fronte os 366 que ten asignados na actualidade

Marta Villaverde sinala que o recurso de casación ao veto á pesca de fondo "é a única opción que nos queda para tentar botar abaixo a sentenza" 

 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, este xoves nunha entrevista no 'Bos días'
G24.gal 16/10/2025 09:45

A conselleira do Mar alerta das consecuencias que terá para Galicia o novo marco financeiro que propón a Comisión Europea e que condicionará os fondos que a nosa comunidade reciba no período 2028-2034.

Marta Vilaverde asegura que con este novo marco, o sector pesqueiro galego verá recortadas as contías e tamén a súa capacidade de xestión.

"A Comisión Europea propón un fondo difuminado, perdemos especificidade e concreción e baixan as contías". Pasarán dos 366 millóns de euros actuais a 120 milóns. "É unha diminución moi substancial, Galicia perderá esa capacidade de xestión e pasaremos a ser meros executores", indicou nunha entrevista no 'Bos días".

A conselleira sinala que a proposta da CE no convence nin a Xunta nin o Goberno central e trasladou xa a súa "lealdade institucional" ao ministro de Pesca para "negociar xuntos en Bruxelas". Segundo explicou, hai marxe para negociar ata finais de 2027.

"O recurso é a única opción que temos para tentar botar abaixo a sentenza"

Na entrevista, a conselleira referiuse ao veto á pesca de fondo avalada polo Tribunal Xeral Europeo. Marta Villaverde confirmou que a Xunta vai presentar recurso contra esta decisión xa que é "a única opción que nos queda para tentar botar abaixo esa sentenza" que penaliza o palangre de fondo.

Reitera que é preciso chegar a un equilibrio entre a sostibilidade ambiental e as necesidades do sector pesqueiro.

A titular de Pesca do Goberno galego amosouse moi satisfeita coa acollida do Bono Peixe posto en marcha pola Xunta e ao que se adheriron 750 establecementos de toda Galicia.

Segundo sinalou, 146 mil consumidores descargaron estes bonos desconto que xeraron un impacto de 11 mil euros en compra de peixe. Para Marta Villaverde, o bono peixe "é a proba de que cando se rebaixa un pouco o prezo do peixe, o consumidor incorpórao á cesta da compra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade