Publicador de contidos

Publicador de contidos

As reservas en Viveiro para a Semana Santa roldan xa o 80 %

As reservas en Viveiro para a Semana Santa roldan xa o 80 %

A Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional, segue a atraer moitos visitantes

Os establecementos hostaleiros esperan ás reservas de última hora en función do tempo, que soen chegar ao 18 %

 

G24.gal 15/03/2026 15:09

A suba de prezos afectará ás vacacións de Semana Santa. Quedan dúas semanas para que comece a primeira ponte longa deste ano. Uns días que se viven de diferentes formas: con procesións, festas ou moita gastronomía.

As previsións para os establecementos hostaleiros de Viveiro de cara a Semana Santa son boas. Están pedentes como cada ano do tempo e das reservas de última hora, que roldan entre o 15 e o 18 %.

"As reservas agora mesmo roldan entre o 70 e o 80 %, pero sempre hai moita reserva de última hora dependo de tempo que vai estar", di Domingo González López, presidente da Asociación de hostaleiros de Viveiro.

Os visitantes que se achegan a Viveiro en Semana Santa soen prolongar a súa estancia.

"As pernoctas prolónganse máis, xa non é unha noite, hai xente con catro noites ou unha semana. Iso estase a notar no concello", engade.

A Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional, segue a atraer moitos visitantes.

"Hai xente que espera a última hora para reservar ou non ou para gozar da Semana Santa noutra zona xeográfica se o tempo acompaña. Nós estamos a última hora mirando o tempo na TVG a ver se chove ou non chove e pode saír a procesión", destaca Domingo González.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade