O buque porta coches máis grande do mundo fai escala en Vigo
O Grande Aukland, da compañía Grimaldi, ten capacidade para transportar máis de 9.200 vehículos, incluídos autobuses ou camións
Este cargueiro reduce as súas emisións de CO2 nun 50 % e está preparado para empregar no futuro amoníaco como combustible alternativo
A automoción é un eixe estratéxico para o porto de Vigo. Só en 2024 moveu máis de 657.000 coches. Por iso o buque Grande Auckland, o portacoches máis grande do mundo, fixo aquí a súa primeira escala en Europa.
Pode transportar máis de 9.200 vehículos, incluídos camións ou autobuses. Foi deseñado para ser máis eficiente, reducindo ata nun 50 % as súas emisións de CO2. O Porto de Vigo aposta por ter a terminal máis verde e menos contaminante de Europa.
A compañía Grimaldi moveu o ano pasado 140.000 vehículos dende o porto de Vigo, o 21 % do total de movementos, unha cifra que agardan superar este ano.