Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adif licita a redacción de proxectos no tramo Ourense-Guillarei por 6 millóns

Adif licita a redacción de proxectos no tramo Ourense-Guillarei por 6 millóns

A redacción de proxectos abranguerá un total de 96 quilómetros 

Responde á mellora e renovación da liña do Miño

Estación de tren de Guillarei.  Europa Press Estación de tren de Guillarei. Europa Press
G24.gal 28/07/2025 10:36

O administrador ferroviario Adif licitou a redacción dos proxectos de mellora do tramo Ourense-Guillarei por 6 millóns de euros.

Esta redacción de proxectos divídese en tres bloques: Ourense-Filgueira (38 km.), Filgueira-Arbo (24 km.) e Arbo-Guillarei (34 km.).

O proxecto vai definir as actuacións precisas na infraestrutura e a vía inclúe melloras en trincheiras e desmontes. Tamén renova o material da vía.

Con isto, tamén se fará un estudo das solucións para as estacións de Barbantes, Filgueira e Salvaterra. Proporcionarase unha vía apta para o estacionamento de trens de 750 metros e deseñarase a racionalización de vías e plataformas do resto de estacións do tramo.

Esta licitación saíu por 5.983.701,77 euros e tamén prevé adaptar e axustar a electrificación da liña para homoxeneizala no tramo.

Este proceso continúa a renovación da liña Vigo-Ourense para aumentar a súa capacidade e fiabilidade.

Tramo Vigo-Guillarei

Adif xa está executando a modernización doutro segmento da liña do Miño, o tramo de Vigo-Guillarei, cun presuposto de 32,7 millóns de euros.

Ademais, adxudicou as obras de renovación de vía entre Redondela e Guillarei por 49 millóns de euros.

Nesta liña, tamén prevén a construción dun novo viaduto sobre a estrada N-550, cun custo de 82 millóns, e actividades coma a remodelación ou renovación de pasos inferiores ou as plataformas da estación Louredo-Valos.

Na estación de Redondela está a executarse os traballos que inclúen a súa remodelación e reforzan a súa accesibilidade.

A modernización desta liña do Miño incluirá a conexión de Guillarei coa fronteira portuguesa.

Así, cun investimento global de 265 millóns de euros, esa liña adecuarase ao Corredor Atlántico e reforzará a conexión co país veciño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade