Cargando resultados...
Ducias de viaxeiros quedan tirados en Sarria ao cancelarse o tren que os levaba a Ourense
Horas despois pasou un autobús a recollelos
Algúns tiveron que recorrer a familiares para chegar ao seu destino
.png)
G24.gal
23/07/2025 10:33
Aconteceu este domingo na estación de Sarria. Os viaxeiros do convoi que se dirixía a Ourense quedaron tirados na estación ata que veu un autobús a recollelos.
Pasaron horas sen recibir ningún tipo de información. Nos casos máis urxentes, foron os propios familiares os que tiveron que levalos en coche ata Ourense para alí coller o tren a Madrid.
Os usuarios quéixanse de que este tipo de incidentes son frecuentes.
A estación de Sarria é a segunda da provincia con máis volume de viaxeiros, xa que é un punto clave para o Camiño de Santiago, e din os usuarios que apenas ten nin persoal nin servizos.