Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coñecemos mellor a Keandre Cook, o novo xogador do Breogán

Coñecemos mellor a Keandre Cook, o novo xogador do Breogán

G24.gal 14/06/2025 16:44

A primeira fichaxe do Breogán para a vindeira temporada xa se fixo oficial.

Chámase Keandre Cook, é estadounidense, ten 28 anos e do cal, o director deportivo Tito Díaz, destaca a súa polivalencia.

Lugo será o oitavo destino de Cook nos últimos catro anos. Formado na Universidade de Missouri State, Hungría foi en 2021 o seu primeiro destino lonxe dos Estados Unidos.

De alí pasou a Francia e a Macedonia na temporada seguinte e na última campaña xogo en tres países diferentes. 

Comezou na Liga Australiana onde promediou 16,7 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias en 28 partidos. 

De aí marchou a China onde xogou cinco partidos cos Tigers nos que anoutou unha media de 13 puntos e logrou 3 capturas para rematar o seu periplo viaxeiro en Israel onde disputou dez partidos co Ironi Kiryat Ata cunhas estatísticas espectaculares de 19,5 puntos e 5,3 rebotes. 

Tito Díaz agarda que a súa chegada supoña un impulso na súa carreira.

A súa chegada debe supoñer para o Breogán un importante salto de calidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar