Cargando resultados...
O Breogán comeza a reforzar o plantel co escolta Keandre Cook
Ten 28 anos, mide 196 e o ano pasado xogou en Australia, China e Israel

G24.gal
13/06/2025 23:25
O Río Breogán móvese cedo no mercado de fichaxes. A primeira posición a reforzar é a de escolta coa fichaxe de Keandre Cook (Estados Unidos, 28 anos, 196 centímetros). Cook formouse na Universidade de Missoury State e xogou no equipo de desenvolvemento dos Charlotte Hornets sen poder entrar na NBA.
Comezou entón o seu periplo por Europa no Szedeák de Hungría. Na 22-23 comezou en Francia e acabou no Skopje de Macedonia. O seguinte destino sería Alemaña, nos Crailsheim Merlins cos que acreditou 14'5 puntos. O ano pasado comezou en Australia, pasou pola liga chinesa e rematou no Kiryat de Israel onde fixo máis de 19 puntos e 5 rebotes por partido.