Publicador de contidos

Publicador de contidos

As persoas xordas reivindican os seus dereitos lingüístixos no Día Nacional das Linguas de Signos

As persoas xordas reivindican os seus dereitos lingüístixos no Día Nacional das Linguas de Signos

Aproveitan o día para facerse máis visibles e dar a coñecer a súa lingua entre as persoas oíntes

G24.gal 14/06/2025 19:22

Santiago é unha das cidades onde se organizaron actos este sábado para conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos. As persoas xordas consideran que este é un día importante para poder ter visibilidade. Por iso, instalaron unha mesa informativa na Alameda para achegarse ás persoas oíntes e, se acaso, dar a coñecer os signos básicos.

"É un día importante que nos dá protagonismo, axuda a derribar barreiras, apoia a nosa identidade, dános visibilidade ante as persoas oíntes. Temos a mesma capacidade, podemos facer calquera cousa. Queremos atraer a xente, que nos recoñeza. Para nós é un orgullo dispoñer da lingua de signos, empodéranos a toda a comunidade", explica Fátima Granja, presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Santiago.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia imparte cursos presenciais e a distancia, de distintos niveis, a todas as persoas interesadas en comunicarse con esta linguaxe.

"Anímovos a todos a participar. A lingua de signos é moi bonita, é un idioma precioso e estou seguro de que desfrutaredes moitísimo. Anímovos a que veñades a aprender lingua de signos", di Miguel Ángel Carregado, especialista en lingua de signos.

Para as persoas xordas, é un día para reivindicar os seus dereitos lingüísticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade