Publicador de contidos

Publicador de contidos

20 de abril, Día Internacional da Lingua Chinesa

20 de abril, Día Internacional da Lingua Chinesa

Así o decidiu a ONU para fomentar o uso do chinés, que é unha das 6 linguas oficiais dentro da organización internacional

A lingua chinesa ten máis de 50.000 caracteres; un falante medio manexa uns 3.000
G24.gal 20/04/2026 15:06

Aquí cando non entendemos absolutamente nada do que nos están a falar dicimos que nos soa a chinés, unha expresión que denota a distancia que nos separa. Preguntamos na rúa se estarían dispostos a aprender chinés.

"Uff, pois eu creo que non, como moito... Non, creo que non".

"Buf, ten pinta que é bastante difícil".

"Nunca me propuxen nin teño tampouco moito interese".

 "Para min, interese ningún, moi lonxe está".

"Teño un neto que o fala, e un fillo, pero eu...".

"Inglés e chinés son as dúas linguas que van dominar o mundo".

E é que é unhas das linguas máis faladas, tanto é así que nas Nacións Unidas hai 193 estados membros, pero só seis linguas son oficiais, e unha delas é o chinés. Saímos na busca dalgunha palabra solta.

"Algo cousas fáciles, 'ni hao', adeus ou grazas".

"Ola, 'ni hao', creo".

"'Ni hao', que é ola; chámome Pablo, 'wo jiào Pablo' e 'ni hao ma', como estás?"

"Grazas, 'konnichiwa'".

"Benvidos a Chinatown".

"Moitos din que están aprendendo, si".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade