Contido con Temática Fútbol galego .

Contido con Temática Fútbol galego .

Fútbol Galego

@racingferrolsad

O Rácing supera o Arenteiro no derbi da Malata (2-0)

24/01/2026 18:05

Antón Escobar marcou os dous goles departamentais

O Rácing rompe coa serie de catro derrotas consecutivas

O Arenteiro vai seguir en postos de descenso


A Federación Galega de Fútbol suspende a xornada do sábado pola alerta meteorolóxica

23/01/2026 16:58

Esta parada afecta todo o fútbol galego, desde as categorías base e rexionais ata as competicións nacionais delegada


Compostela 3-1 Viveiro

19/01/2026 10:26

O Viveiro adiantouse no Vero Boquete cun gol de Esquerdeiro no último minuto do primeiro tempo

O equipo santiagués remontou con tres goles en cinco minutos, entre o 72 e o 77 (Maceira -2- e Cañi)

Compostela e Logroñés Promesas son os únicos equipos das cinco primeiras categorías do fútbol español que rematan a primeira volta sen perder ningún partido


Boiro 0-3 Somozas

19/01/2026 09:54

O Somozas adiántase no primeiro minuto cun gol de Aldán e acaba gañando un duelo por todo o alto en Barraña

O Boiro xogou con dez por expulsión de Aram á media hora de partido

Golazo de Joel López para pechar o resultado


Lugo B 1-1 Vilalbés

19/01/2026 09:35

O Rácing Vilalbés saca un punto da Cheda grazas ao gol de Borja Míguez a dous minutos do final


Silva 1-1 Atl. Arteixo

19/01/2026 09:29

Empate no derbi coruñés en que os dous equipos pelexaban por saír da zona baixa

Parafita marcou aos catro minutos e Agulló empatou de falta a cinco do final


Real Ávila 0-2 U. D. Ourense

19/01/2026 09:23

Ata o último intre o colexiado non decidiu a disputa do partido pola neve que había no campo

Rufo espertou o seu instinto goleador e sentencia cun dobrete no Adolfo Suárez


Langreo 0-0 Fabril

19/01/2026 09:10

Empate sen goles en Ganzábal, nun partido en que os locais tiveron as mellores ocasións

O empate impide que o Fabril continúa á fronte da categoría


Coruxo 1-0 Atl. Astorga

19/01/2026 09:02

A insistencia do Coruxo tivo premio a quince minutos do final co gol de Juan Rodríguez de falta

O equipo vigués colócase a un só punto do cuarto clasificado


Sarriana 0-1 Oviedo Vetusta

19/01/2026 08:54

A Sarriana non pode sumar diante dun Oviedo Vetusta que volve coller o liderado

Marcou Pablo Agudín, un xuvenil que xogou catro partidos en Primeira División co Oviedo


Numancia 2-1 Bergantiños

19/01/2026 08:49

Os tres goles do partido marcáronse nos primeiros 22 minutos

O Bergantiños adiántase cun gol de Fito pero o Numancia remontou decontado


Foto: @CDeportivoLugo

O Lugo perde co Unionistas (1-3) e ve freada a súa escalada na táboa

18/01/2026 18:00

Os de Yago Iglesias víronse con dous goles de desvantaxe e non foron quen de remontar

Perden a oportunidade de ocupar postos de promoción por primeira vez


Foto: @Ourense_CF

O Ourense C. F. foxe do descenso cun triunfo sobre o Osasuna Promesas (2-0)

18/01/2026 14:07

Omar abriu a conta na primeira metade, e Enol Coto puxo a sentenza cun golazo desde a banda

O cadro das Burgas suma xa 25 puntos


Foto: @SDP_1922

Dura derrota do Rácing no Toralín (3-0)

17/01/2026 23:18

A Ponferradina adiantouse 2-0 ao descanso e, con 10, sentenciou no engadido

Guillermo Fernández apaña a primeira derrota na súa estrea no banco


Pontevedra e Arenteiro pechan en táboas un disputado derbi (1-1)

17/01/2026 18:27

Jordan adiantou os do Carballiño, de falta, no minuto 34

Tres minutos despois, Eimil empatou para os locais

Partido disputado, en que os dous tiveron os seus momentos


O galego Dro anuncia a súa marcha do Barcelona

17/01/2026 09:24

O xogador quere ter máis minutos

Fixo 18 anos esta semana

Borussia, Manchester City e PSG posibles destinos


Fernández Romo: "O Rácing é un club que quixen adestrar toda a miña vida"

13/01/2026 13:15

O adestrador madrileño xa dirixiu o equipo esta mañá


Guillermo Fernández Romo, novo técnico do Rácing de Ferrol

12/01/2026 14:25

O adestrador madrileño chega hoxe á cidade e dirixirá mañá o equipo nunha dobre sesión de traballo


Noia 0-0 Silva

12/01/2026 11:57

Empate sen goles entre dous equipos que pelexan por saír dos postos de descenso

O porteiro local Brais Vázquez paroulle un penalti a Parafita nos últimos minutos do partido

Etiquetas:  SILVA SD   CFNOIA

Somozas 1-0 Barco

12/01/2026 10:32

O Somozas mantense en postos de play off grazas ao gol de Cambón na última xogada do partido


Arousa 1-1 Cambados

12/01/2026 09:54

O Cambados reacciona na Lomba e acada o sétimo empate da temporada grazas a un gol de Diego Iglesias no minuto 85

Rivera adiantara aos locais á saída dun córner


R. Vilalbés 1-0 Gran Peña

12/01/2026 09:32

Make marca na cuarta vitoria seguida do Vilalbés, consolidado no segundo posto

Santomé, porteiro chairego, leva 567 minutos sen encaixar un gol


U. D. Ourense 1-0 Salamanca

12/01/2026 09:13

O terceiro gol de Santi de Prado na temporada sérvelle ao cadro ourensán para sumar o triunfo e igualar co Salamanca no quinto posto

Houbo dous goles anulados ao equipo visitante e pediuse un penalti en cada área


Lealtad 3-1 Sarriana

12/01/2026 09:07

A Sarriana perde no campo dun Lealtad que abandona o último posto

William Peña marcou o gol do equipo galego


Bergantiños 0-0 Ávila

12/01/2026 09:05

Máxima igualdade en Carballo entre dous equipos que pelexaban polos postos de play off

O visitante Markitos estrelou un lanzamento no traveseiro no segundo tempo


Fabril 2-1 Coruxo

11/01/2026 13:01

O Fabril afianza a primeira posición na 2ª RFEF coa vitoria sobre o Coruxo grazas a un gol de Pablo Cortés no 90

O visitante Roque foi expulsado a dez minutos do final e os coruxistas rachan unha serie de oito semanas sen perder


Estradense 0-2 Compostela

11/01/2026 12:23

O Compostela continúa a serie triunfal e gaña na Estrada cun dobrete de Antón Guisande


Foto: @SDP_1922

O Ourense C. F. cae no Toralín nunha mala segunda metade (2-0)

10/01/2026 22:54

Os de Dani Llácer recibiron os goles despois do descanso

Perden a ocasión de distanciar o equipo berciano, que queda a dous puntos


Foto: @PontevedraCFSAD

O Pontevedra golea en Avilés (0-3) e colócase na terceira praza

10/01/2026 20:32

Os de Rubén Domínguez seguen coa súa serie espectacular, con cinco vitorias seguidas


Foto: @racingferrolsad

O Rácing perde co Bilbao Athletic (0-1) e acumula tres derrotas consecutivas

10/01/2026 18:16

A destitución de Pablo López, substituído interinamente por Míchel Alonso, non tivo o efecto desexado

A expulsión de Migue Leal no minuto 55 resultou determinante. Marcou Ibai no 60'.


O Lugo tira de oficio e gaña no Espiñedo (0-2)

10/01/2026 17:21

Balboa rachou o equilibrio na compensación do primeiro tempo

Pastrana resolveu no treito final cando o Lugo xogaba cun máis

A expulsión de De Camargo condicionou o Arenteiro


O presidente da RFEF atendeu en Yeddah a noso enviado especial, Cristian Romero

Louzán, desde Arabia: "Esta Supercopa beneficia máis de 30 equipos galegos"

10/01/2026 11:48

O presidente da Federación xustifica a celebración por cuestións económicas e de proxección

Os ingresos reverten no fútbol e no fútbol sala galego de categoría nacional

Louzán enxalzou as melloras sociais que se están a producir Arabia


Míchel Alonso: "A predisposición é excelente, estou moi contento"

09/01/2026 12:50

É a terceira etapa do ferrolán á fronte do primeiro equipo


Michel Alonso asumirá de maneira interina o mando do Racing

07/01/2026 22:20

O club ferrolán destituiu a Pablo López despois dos últimos malos resultados


Sarriana 1-0 Bergantiños

05/01/2026 08:35

Unha cabezada do central Maxi Levrand a catro minutos do final deixa os puntos na Ribela

Foille anulado un gol ao visitante Marru por fóra de xogo


Sámano 1-1 U. D. Ourense

05/01/2026 08:33

O cadro ourensán acariña o triunfo en Castro Urdiales, pero impídeo un gol local no minuto 87

Manu Núñez marcou de falta para o equipo galego e Xavi empatou á saída dun córner


Coruxo 5-1 Burgos Promesas

05/01/2026 08:30

O Coruxo remata a primeira volta cunha goleada e encadeando oito xornadas sen perder

Javi González -2- e Xavi Sola -3- marcaron os goles diante do filial do Burgos


Foto: @lafabricacrm

O Arenteiro cae en Valdebebas (2-0) e volve aos postos de descenso

04/01/2026 14:19

Os galegos aguantaron o empate inicial ata o minuto 70, pero acabaron cedendo ao final

Remata así unha serie de tres vitorias consecutivas


O Ourense sobreponse ao Avilés e a un campo impracticable (2-1)

03/01/2026 20:39

Javi Cueto adiantou o Avilés no primeiro tempo

Omar e Amín déronlle volta na segunda

O estado do Couto condicionou o encontro


Un gol postreiro de Resende dálle o derbi o Pontevedra (2-1)

03/01/2026 16:35

Alain Ribeiro adiantou aos granates aos 19 minutos

Zalaya empatou na segunda parte para o Rácing

Resende decidiu a oito minutos da conclusión 

Publicidade
Publicidade