Rubén Domínguez aterra en Pasarón: "Cando chama o Pontevedra, pouco hai que pensar"
Lupe Murillo criticou a Iago Iglesias: "Apostamos por Iago Iglesias, déuselle tempo e non entendo as mentiras interesadas"
O técnico ourensán foi presentado oficialmente este martes no Estadio Municipal de Pasarón acompañado da presidenta do club, Lupe Murillo, e tamén de dous dos responsables da parcela deportiva, Charles Dias e Jacobo Maestre.
"Temos unha responsabilidade moi grande por vir aquí. Sabemos o que é xogar como visitantes en Pasarón e sabemos o que esta afección pode chegar a empuxar e converterse no xogador número 12. Imos necesitar a unión de todos", sinalou na súa primeira intervención Domínguez
Sobre a negociación coa entidade do Lérez, foi claro
"Cando chama o Pontevedra pouco hai que pensar", asegurou.
Durante a presentación, Lupe Murillo, aproveitou para criticar a Iago Iglesias, extécnico granate.
"Apostamos por Iago Iglesias, déuselle tempo e non entendo as mentiras interesadas"