Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia e o Estradense comezan a fase de ascenso con empate (1-1)

O Noia e o Estradense comezan a fase de ascenso con empate (1-1)

G24.gal 17/05/2025 14:06

O Noia e o Estrandense igualaron (1-1) no partido de ida da primeira eliminatoria de ascenso a Segunda RFEF e deixan todo aberto para a volta, o domingo día 25 na Estrada.

Adiantoouse o Noia aos 28 minutos nun lanzamento de córner directo de Facu Moreyra que sorprendeu ao gardameta rival. O Estradense reaccionou no segundo tempo no que foi superior. Obtivo o empate a 15 minutos do final, cunha xogada individual e disparo de Pablo Porrúa. O porteiro do Noia errou na súa tentativa de parada.

O Estradense tivo pouco despois un lanzamento contra o poste. O empate deixa aberta a eliminatoria para a volta. O Noia precisa gañar. Ao Estradense válelle un empate ao remate da prórroga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos