Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Domínguez colle o temón do Pontevedra para consolidalo na 1ª RFEF

Rubén Domínguez colle o temón do Pontevedra para consolidalo na 1ª RFEF

O adestrador ouresán viña de completar un exitoso ciclo no Ourense Club de Fútbol ao que levou de 3ª a 1ª RFEF

G24.gal 30/05/2025 19:12

Coñecida a non renovación de Iago Iglesias polo Pontevedra, a directiva atopou o substituto en Galicia. O ourensán Rubén Domínguez será o encargado de tentar consolidar o proxecto do equipo granate na 1ª RFEF, algo que non acadou o club na súa anterior experiencia. 

Rubén Domínguez (38 anos) completou un ciclo exitoso no Ourense Club de Fútbol. Colleu o club en 2020 e levouno desde a Terceira Federación ata a Primeira RFEF cos ascensos de 2022 e 2024. Esta temporada esgotou o ciclo no cadro das Burgas e foi substituído ao pouco de comezar o campionato cando ocupaba o último posto na clasificación. 

Rubén ten pasado no Taboadela e nas categorías inferiores do Deportivo, pero a súa traxectoria está moi vencellada ao Ourense C. F. Tocaralle agora asumir o reto dun grande do fútbol galego como o Pontevedra e de facer esquecer a figura de Iago Iglesias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade