Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mouriz deixa o Rácing de Ferrol tras o descenso a Primeira RFEF

Mouriz deixa o Rácing de Ferrol tras o descenso a Primeira RFEF

Mouriz: "Como director xeral e deportivo asumo a responsabilidade do sucedido"

G24.gal 02/06/2025 12:45 Última actualización 02/06/2025 15:42

O director xeral e deportivo do Rácing de Ferrol, Carlos Mouriz, anunciou este luns a súa saída do club tras o descenso a Primeira RFEF e asumiu "na súa totalidade a responsabilidade do sucedido", ademais de indicar que a "imaxe" que deron "o racinguismo non a merecía".

"Todo o que podía saír mal, saíu mal", recoñeceu nunha conferencia de prensa sen preguntas.

Mouriz amosou a súa "dor moi grande" pola traxectoria do equipo. Respecto diso, remarcou que hai "moitas maneiras de perder" e que a crise de resultados do cadro verde, onde leva traballando desde decembro de 2017, "non se puido cambiar" para lograr a permanencia na Segunda División.

Antes de marchar quixo aclarar a súa soidade na sala de prensa

"Se non hai ninguén do consello de administración aquí é porque quería estar só cos que me soportan todos os días, con vós..., non hai que darlle voltas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade