Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing empata en Getxo (1-1) e queda sen opcións de loitar polo ascenso

O Rácing empata en Getxo (1-1) e queda sen opcións de loitar polo ascenso

Os departamentais adiantáronse xa no treito final por medio de Álvaro, pero o Arenas empatou axiña

Lucas Díaz salvou a igualada con boas intervencións no engadido

G24.gal 09/05/2026 10:43

O Rácing sacou de Getxo un empate co que suma 48 puntos e remata a temporada na Primeira Federación na parte tranquila da táboa, xa sen opcións de pelexar pola promoción de ascenso. Foi nun partido que se puxo de cara, pero no que tivo que encomendarse ao seu porteiro Lucas Díaz para non perder nos últimos intentos dos vascos.

O Rácing entrou mellor no partido, e gozou das primeiras accións, como unha cabezada de Pascu que marchou por pouco, e outro par de centros laterais que non atoparon rematador.

Na continuación o Arenas buscou as súas ocasións, especialmente nas botas de Hidalgo, que foi o que levou máis perigo. Pero o marcador non se moveu ata o minuto 77. Foi aí cando Tejera recuperou un balón dividido na frontal, internouse na área e cedeu o balón para que Álvaro Giménez empuxase á rede.

Adiantábase o Rácing que, cunha vitoria, podía seguir soñando coa promoción de ascenso. Pero igualou Paul so catro minutos despois cun remate á saída dun córner.

O empate deixaba xa sen opcións aos ferroláns, pero estes salvaron un punto grazas ao acerto do seu porteiro Lucas Dïaz nos minutos finais, con dúas intervencións que evitaron a derrota. Ao final, 1-1 en Getxo e fin de temporada sen obxectivos para o Rácing.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade