Área 1919, novo espazo na Malata para dar unha maior proxección social o Racing
Trátase dunha zona de 150 metros cadrados e articulada en dúas áreas diferenciadas, unha área xeral e outra vip, que forma parte da "primeira experiencia hospitality da entidade ferrolá"
Manuel Ansede: "Queremos recoñecer esa fidelidade e apoio ao club"
O Área 1919 é a nova zona hospitality do Racing Club Ferrol, ubicada na bancada de Tribuna Sur do estadio de A Malata, con 150 metros cadrados de superficie divididos en dúas zonas: unha xeral e outra VIP.
Está destinada a patrocinadores e membros do Club de Empresas RCF 1919, e supón a primeira vez que a entidade ferrolá se mete neste apartado.
Manuel Ansede: "Queremos recoñecer esa fidelidade e apoio ao club"
O club prevé utilizala non só os días de partido para mellorar a experiencia dos patrocinadores, senón tamén para acoller conciertos, charlas, conferencias e reunións en xornadas sen competición.
O nome fai referencia ao ano de fundación do club, o Racing Club de Ferrol, fundado o 5 de outubro de 1919 tras a fusión do Club Ferrol e o Racing Club.
Máis alá da visibilidade de marca, o proxecto busca fomentar o networking, a colaboración entre entidades e a creación de sinerxías arredor dos valores do club. A través de encontros, activacións e actividades específicas, o Club de Empresas RCF 1919 consolídase como unha plataforma para conectar deporte e empresa nun entorno profesional, próximo e con proxección de futuro.
No acto estivo o presidente do club, Manuel Ansede, patrocinadores e medios de comunicación.