Javi Vázquez: "O máis importante é crear unha familia e ser un equipo moi valente"
O técnico madrileño chega a Ferrol procedente do Alxeciras, onde realizou unha tempada salientable en Primeira Federación
Javi Vázquez, de 39 anos, chega procedente do Alxeciras C. F., onde realizou unha tempada salientable en Primeira Federación e estivo a pelexar polos postos de playoff de ascenso.
Ten moi claro as prioridades do seu equipo.
"O máis importante é crear unha familia e ser un equipo moi valente".
Para aceptar a oferta ferrolá fixo uso dunha cláusula de saída incluída no seu contrato.
"Estou a facer o que me apaixona, e cada ano estou a dar pasos. Chego con orgullo e agradecemento a Langreo e Alxeciras. Estou aquí porque outros me deron esta oportunidade antes", sinalou, facendo unha chiscadela aos seus anteriores equipos.
Seguidamente, puxo en valor o club ferrolán. En canto á súa primeira comparecencia ante os medios, mostrouse tallante en canto ao pasado do club e as dúas últimas tempadas, asegurando que, se se fala de futuro "imos deixar a vida".
"Todos os meus equipos son moi intensos, competitivos, porque vai no meu xeito de entender a vida e a profesión. Non saio a 500 quilómetros da miña casa para non soñar en grande", aseverou Vázquez.