Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dalisson abandona o Pontevedra para fichar polo Córdoba

Dalisson abandona o Pontevedra para fichar polo Córdoba

O mellor xogador da temporada do equipo granate salta dúas categorías e confirma que puideron ser tres en xaneiro cando tivo unha oferta do Xetafe

G24.gal 20/05/2025 22:36

Un dos mellores xogadores da 2RFEF da temporada 24-25 e unha das sensacións no fútbol español despois da súa gran Copa do Rei, Dalisson, confirmou que marcha do Pontevedra e xogará no Córdoba. Un salto de dúas categorías para un mediapunta creativo que nos deixou auténticos golazos nestas dúas campañas. 

70 partidos e 21 goles foron os datos de Dalisson nas dúas campañas. Foi especial esta última na que conduciu ao Pontevedra ao ascenso a 1ª RFEF e ata os cuartos de final da Copa na que marcou o gol que eliminou o Vilarreal e o primeiro na goleada contra o Mallorca nun dos mellores tantos da competición. 

O xogador cántabro recoñeceu no programa Ao Contraataque que tivo unha proposta do Xetafe para asinar co cadro madrileño no mercado de xaneiro. Sería unha fazaña dar un salto de tres categorías pero o Pontevedra non aceptou o traspaso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade