O Porto leva o primeiro Arousa Fútbol 7 da historia para Portugal
Simão Miranda marcou os dous goles da final diante do Barcelona no torneo alevín máis prestixioso de España
Nunca un equipo portugués conseguira gañar o Arousa Fútbol 7 malia seren habituais o Sporting, o Benfica ou o Porto en case todas as edicións. Neste 2025 foi o equipo do Porto o que acadou o primeiro título do torneo alevín máis prestixioso dos que se xogan en España logo de derrotar por 2-0 ao Barcelona. Simao Miranda marcou os dous tantos dos Dragões diante dun Barça que tiña a posibilidade de igualar os catro títulos do Real Madrid.
Os dous equipos chegaron á final despois de superar unhas semifinais moi igualadas. O Barça eliminou o Español (2-1) cun gol na última xogada do encontro.
O Porto derrotou por 2-1 o Sporting de Portugal noutro duelo de rivalidade que se decidiu pola mínima.