Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doutor Vilariño, urólogo do HULA e centrocampista da Sarriana

Doutor Vilariño, urólogo do HULA e centrocampista da Sarriana

A fase galega de ascenso a Segunda Federación presenta un derbi de emocións fortes entre a Sarriana e o Rácing Vilalbés

G24.gal 16/05/2025 11:32 Última actualización 16/05/2025 11:46

A fase galega de ascenso a Segunda Federación presenta un derbi de emocións fortes e mexada longa entre a Sarriana e o Rácing Vilalbés. Para analizalo, ninguén mellor que o doutor Vilariño, urólogo do Hula e centrocampista da Sarriana.

"Será un duelo moi bonito e disputado".

En 2013 Keko apareceu como unha das grandes promesas do fútbol galego. Con 17 anos debutou co Lugo, foi internacional sub 18 con España e o rematar a temporada fichou polo Levante.

Pero chegou un momento no que tivo que elixir e Keko optou por converterse no doutor Vilariño. Unha decisión que aconsella a calquera que teña esa dúbida.

"O día de mañá debes ter algo seguro. Que nunca deixen de estudar".

A Sarriana afronta a eliminatoria co factor campo a favor, pero Keko non o pensa así. Neste novo derbi, o doutor Vilariño pasa consulta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos