Publicador de contidos

Publicador de contidos

É oficial: Pablo López ocupará o banco do Rácing na próxima tempada

É oficial: Pablo López ocupará o banco do Rácing na próxima tempada

David Pérez, como asistente, e Roberto Valeiro, como adestrador de porteiro, acompañarano como parte do seu corpo técnico

O técnico coñece á perfección a entidade, da que formou parte dende xullo de 2020 ata o pasado mes de novembro

G24.gal 04/06/2025 17:46 Última actualización 04/06/2025 17:53

Pablo López Vidal dirixirá o Racing Club Ferrol a próxima tempada. O adestrador herculino, que será presentado mañá, chega acompañado por David Pérez como axudante, e por Roberto Valeiro, que exercerá de adestrador de porteiro.

O técnico coñece á perfección a entidade, da que formou parte dende xullo de 2020 ata o pasado mes de novembro. Nese tempo, formou parte dos equipos de traballo de Emilio Larraz e Cristóbal Parralo. Nas dúas últimas tempadas, e ata que fichou polo Ourense CF, Pablo López desempeñou traballos de scouting como axunto á dirección deportiva do club.

Pablo López é un experto coñecedor do fútbol galego e nacional. Iniciouse nos bancos en 2015, tras poñer fin á súa carreira como xogador no CD As Pontes. No club pontés comezou a súa etapa como adestrador, dirixindo o equipo xuvenil e posteriormente o primeiro equipo. En 2016, incorporouse ao Deportivo da Coruña como adestrador do Xuvenil B, e en 2018 ascendeu ao primeiro equipo como axudante de Clarence Seedorf.

A súa colaboración con Seedorf continuou na selección nacional do Camerún, onde foi segundo entre 2018 e 2019. Tras a súa etapa en Ferrol, en novembro de 2024, asumiu o cargo de adestrador do Ourense CF, onde logrou unha notable mellora no rendemento do equipo, que ratificou a permanencia en 1ª RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade