Luís César volve aos bancos para buscar outro ascenso co Nàstic de Tarragona
A dúas xornadas para o final, o club catalán sorprendeu co troco de adestrador e aposta polo vilagarcián, que xa os subiu a Primeira División

Os equipos buscan o revulsivo ata a última xornada para acadar os obxectivos. A semana pasada era o Lugo, a falta de tres partidos para o final, o que cambiaba de adestrador. O Nàstic de Tarragona apurou unha xornada máis e despediu a Vidal a dous partidos para o remate da competición e co equipo metido nos postos de fase de ascenso.
O substituto é o vilagarcián Luís César, que levaba sen adestrar desde que ocupara o banco do Lugo na campaña 20-21. Luís César é un mito do Nàstic ao que ascendeu a Primeira División na campaña 2005-06. Estivo en dúas etapas no cadro tarraconense, onde deixou sempre o pavillón alto.
Non tivo tanta sorte Luís César nas súas últimas experiencias. Despois de bos anos en Albacete e un exitoso en Lugo (16-17), colleu o proxecto do Valladolid. Foi destituído na xornada 34 e o equipo acabou ascendendo da man de Sergio González. Peor sería o paso polo Tenerife (só 4 partidos), polo Deportivo (11 partidos) e polo Lugo (8 partidos).