Cargando resultados...
Tolemia en Tajonar co Osasuna mántendose en 1ª RFEF na última xogada do partido
O Ourense C. F. adiantouse cun gol de Fullana de penalti pero Espejo empatou no 95 e deulle a permanencia ao seu equipo
G24.gal
24/05/2025 21:19
Final de tolos no partido entre o Osasuna B e o Ourense Club de Fútbol. O cadro ourensán tiña unha mínima opción de xogar a Copa do Rei e para iso precisaba gañar o partido. O filial do Osasuna xogábase a permanencia e notáronse os nervios ao longo do partido. O máis destacado aconteceu nos últimos dez minutos. Unha man inocente na área local aproveitouna Francesc Fullana para adiantar ao cadro galego. A combinación de resultados poñía o rival na 2ª RFEF. Botouse con todo arriba o Osasuna que empatou na última xogada do partido nun saque de córner que rematou Espejo.