Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF cae contra o pechacancelas no Couto e despídese do ascenso

O Ourense CF cae contra o pechacancelas no Couto e despídese do ascenso

Os de Pablo López deron unha mala imaxe contra o Amorebieta, pero manteñen opcións de entrar na Copa

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 17/05/2025 23:34

O Ourense CF apañou unha goleada no Couto a mans do cabeiro do grupo, un Amorebieta que semella liberado e, despois de derrotar ao Fortuna na última xornada, deixou agora sen opcións de play off de ascenso a un Ourense CF que ve emborronada unha gran temporada con este resultado. Malia a isto, os das Burgas manteñen opcións de entraren na Copa do Rei, onde fixeron un gran papel esta temporada.

O partido do Couto comezouse a decidir antes do descanso, cando Hervías abría a conta cun disparo onxano que sorprendeu ao Pato Guillén. Á volta do descanso intentouno o Ourense CF, pero non estiveron atinados os homes de Pablo López, todo o contrario cos futbolistas do Amorebieta. No treito final, nos seis minutos que van do 76 ao 82, finiquitaban a goleada por medio de Coulibaly e Álvaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade