Arona Sané: cen por cento dianteiro e gandeiro
Sané compaxina a súa faceta de dianteiro da Sarriana coa de gandeiro en Prolesa
Estradense e Sarriana deciden este sábado que equipo da terceira galega opta ao ascenso á 2ª Federación. Vantaxe para a Sarriana onde xoga Arona Sané. Un futbolista ao que lle cambiou a vida en sete anos.
Hai sete anos, Sané debutaba na Primeira división co Atlético de Madrid nun partido contra o Español do que garda gratas lembranzas malia a derrota final.
"Foi dos días máis bonitos da miña vida"
Hoxe Sané compaxina a súa faceta de dianteiro da Sarriana coa de gandeiro en Prolesa onde comeza traballar as seis da mañá.
O pasado domingo dedicoulle o primeiro gol a un dos propietarios da explotación. Á hora de valorar quen espreme máis: Simeone os xogadores ou el as vacas, Sané non ten dúbida.
"Simeone aos xogadores, é moi esixente"
Tanto na granxa coma no campo, Sané amósase como un auténtico líder.