Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Iglesias pon fin á súa etapa como adestrador do Pontevedra

Iago Iglesias pon fin á súa etapa como adestrador do Pontevedra

Conseguido o ascenso á 1ª RFEF o adestrador do Barbanza buscará novos retos profesionais

G24.gal 27/05/2025 09:16

O Pontevedra terá que buscar novo adestrador logo do ascenso á Primeira Federación. Tal e como acontecera co anterior ascenso o club granate non foi quen de manter ao técnico. Desta volta Iago Iglesias decidiu poñer punto e final á súa etapa logo de acadar o obxectivo para o que fora fichado. O técnico do Barbanza conta cun gran cartel e irá á procura de novos retos despois dunha temporada na que o seu equipo sorprendeu a todo o fútbol español polo gran papel realizado na Copa do Rei. 

Asinado en 2023 procedente do Zamora despois do descenso á 2ª RFEF, Iglesias marcou desde o principio unha liña de xogo recoñecible xa desde a súa etapa no Compostela. A primeira temporada quedou ás portas do ascenso directo, só superado ao final da liga polo Ourense Club de Fútbol e na última eliminatoria da fase de ascenso polo filial do Real Betis. 

A segunda campaña foi a da consolidación do proxecto. Tivo un gran duelo co Numancia que acabou gañando no treito final para acadar o ascenso como campión do Grupo 1 e na Copa do Rei realizou unha campaña brillante, eliminando ao Levante, o Vilarreal e o Mallorca e quedando eliminado en oitavos de final polo Xetafe que sufriu moito en Pasarón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade