Publicador de contidos

Publicador de contidos

O capitán David Castro recoñece que "nin nos peores soños" agardaba un ano así

O capitán David Castro recoñece que "nin nos peores soños" agardaba un ano así

O xogador de Cuntis apela á profesionalidade de todo o plantel nestes últimos partidos

G24.gal 08/05/2025 20:01

Está sendo unha temporada moi longa en Ferrol. Unha das voces máis autorizadas dentro do vestiario é a de David Castro. O futbolista de Cuntis non contaba con vivir unha campaña tan dura logo de catro temporadas no Rácing. Con todo, e malia o descenso de categoría sabe que o equipo non deixará de competir ata o final.

Os números de David (29 anos) nesta campaña tamén están sendo máis discretos que nos outros tres anos nos que se converteu en indiscutible na defensa. As lesións impediron que puidese axudar todo o que desexaría desde o terreo de xogo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade