Obrador confirma que non regresará ao Deportivo
O Dépor desexaba prolongar a súa cesión en Riazor, pero finalmente todo apunta a que Obrador xogará no Benfica, co que o Real Madrid xa chegou a un principio de acordo para o seu traspaso

O lateral esquerdo Rafa Obrador despediuse este mércores do RC Deportivo, no que xogou a pasada tempada cedido polo Real Madrid.
“Despois dun ano moi especial, toca despedirme da Coruña e do Deportivo. Fun moi feliz durante esta etapa. Levo grandes recordos dunha cidade incrible e dun club histórico ao que sempre estarei agradecido pola oportunidade”, sinalou o defensa.
O Dépor desexaba prolongar a súa cesión en Riazor, pero finalmente todo apunta a que Obrador xogará no Benfica, co que o Real Madrid xa chegou a un principio de acordo para o seu traspaso.
“Grazas a todos os que formaron parte do camiño: corpo técnico, compañeiros, traballadores do club e, por suposto, á afección, que estivo aí en todo momento. Deséxovos o mellor, sempre”, apuntou o balear.
Obrador, que o pasado mes de febreiro cumpriu 21 anos, pecha a súa etapa como deportivista despois de disputar 33 partidos na Liga Hypermotion, sendo titular en 24 deles