A TVG retransmitirá toda a pretemporada da volta do Celta a Europa
De Afouteza a Birmingham, a TVG e Agalega.gal acompañan o novo EuroCelta na súa xira de pretemporada cara ao soño europeo
Os partidos na TVG serán en ultra alta definición e tamén poderán verse a través de AGalega,gal para todo o mundo
O corazón do fútbol galego latexa con forza neste verán de 2025. A Televisión de Galicia e a plataforma dixital Agalega.gal emitirán, en directo, todos os encontros de pretempada do novo EuroCelta, un equipo renovado que se prepara para escribir unha nova páxina no seu camiño por Europa.
Desde Afouteza ata Birmingham, pasando por Braga, Reutlingen e Zürich, a Galega levará a todos os fogares os primeiros pasos dos de Giráldez nesta pretemporada e na máxima calidade, xa que os partidos emitidos en TVG poderán verse en UHD (ultra alta definición). Tamén se poderá gozar do fútbol do Celta en toda España xa que serán retransmitidos pola plataforma AGalega.gal.
Este é o calendario de partidos confirmados:
1.- Primeiro alento do novo ciclo, na casa celeste:
Martes 15 de xullo, 18.00h (hora peninsular)
Celta – Famalicão, en Afouteza (Porta pechada) Primeiro alento do novo ciclo, na casa celeste.
2.- O debut internacional fronte a unha potencia lusa
Sábado 19 de xullo, 20.00h (hora portuguesa)
Sporting de Braga – Celta, en Braga (Portugal)
3.-A engrenaxe celeste de novo na casa.
Martes 22 de xullo, 12.00h (hora peninsular)
Celta – CD Nacional Madeira, en Afouteza (Porta pechada)
A engrenaxe celeste afínase no silencio.
4.- Choque de tradicións no corazón de Europa.
Sábado 26 de xullo, 15.30h (hora alemá)
VfB Stuttgart – Celta, en Reutlingen (Alemaña)
5.-Choque de precisión contra a maquinaria suíza.
Martes 29 de xullo, 16.00h (hora suíza)
Grasshopper – Celta, en Zúric (Suíza)
6.-A última proba contra o fútbol luso.
Venres 1 de agosto, 20.00h (hora portuguesa)
Vitória Guimarães – Celta, en Guimarães (Portugal)
7.- O epílogo da xesta preparatoria, en territorio Premier.
Sábado 9 de agosto, 15.00h (hora británica)
Wolverhampton Wanderers – Celta, en Birmingham (Reino Unido)
A Galega reitera así o seu compromiso inquebrantable co fútbol galego e co Celta na súa volta a Europa, garantindo unha cobertura íntegra, próxima e vibrante da pretempada máis ilusionante dos últimos tempos.
A través da TVG, e de Agalega.gal, a audiencia poderá vivir cada encontro coa máxima calidade de imaxe e son e coas mellores narracións na nosa lingua.