Publicador de contidos

Publicador de contidos

João Pedro, heroe da clasificación do Chelsea para a final do Mundial contra o Fluminense

João Pedro, heroe da clasificación do Chelsea para a final do Mundial contra o Fluminense

O brasileiro marcou dous golazos diante do seu exequipo para asegurar a clasificación

O rival do Chelsea na final será o Real Madrid ou o PSG, que xogan o mércores

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 08/07/2025 22:40

O CHelsea meteuse na final do primeiro mundial de clubs en Nova York Nova Jersey, cun cómodo triunfo por dous a cero diante do Fluminense, ao que condenou un antigo xogador dos brasileiros.

O Chelsea golpeou primeiro, e fíxoo a través dun golazo de João Pedro para abrir a conta, que lle pediu perdón á que fora a súa afección.

O Fluminense avisou pouco despois cunha grande ocasión, que sacou Cucurella baixo paus para evitar o empate. E outra vez acariñaron o empate os brasileiros, despois dun centro desde a esquerda que tocou no brazo de Chaloba. O árbitro indicou penalti nun primeiro momento pero, chamado polo VAR, revisou a acción e anulouno. Así que o descanso, logo dunha primeira metade de pouco ritmo, chegou coa vantaxe mínima dos de Londres.

Na segunda metade, avisou Cucurella, pero ía ser outra vez Joao Pedro o que sentenciara o seu exequipo, con outro golazo que bateu co traveseiro antes de acabar na rede.

Co dous cero, o Fluminense baixou os brazos, e chegaron un par de ocasións nas botas de Nkunku. Aínda gozaron dalgunha máis os ingleses, pero a historia desta semifinal xa estaba escrita. O rival do Chelsea na final sairá do París Saint-Germain-Real Madrid que se disputa este mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos